jueves, 27 de abril de 2023

Horta abril

Este mes de abril, como vimos facendo dende principio de curso, fomos á nosa horta para mantela limpa, regar e á vez plantar novos cultivos.

Desta vez plantamos pementos, tomate, coliflor, acelgas, calabacín... E transpalantamos herbas aromáticas como albahaca, herba boa e melisa.

Se queredes ver todas as fotos clicade aquí:



miércoles, 19 de abril de 2023

Visita Naturnova

O pasado venres os grupos de infantil, 1º e 2º de primaria fomos a Naturnova a unha exposición sobre o Sol, ainda que tamén puidemos montar nun submariño para descubrir a riqueza das nosas augas e valorar a importancia de manter o planeta limpo e coidado.

Se queredes ver as fotos deste día, clicade na imaxe:



lunes, 10 de abril de 2023

Facemos ensalada

Aproveitando as leitugas da horta, os compañeiros de 1º, 2º e 4º de primaria prepararon unhas riquísimas e moi completas ensaladas.

Ao principio, a algún non lle facía moita gracia o de comer leituga, pero despois non quedou nada!

Podedes acceder aquí para ver todas as fotos:



Horta do mes de marzo

Durante o mes limpamos de malas herbas, regamos e colleitamos un par de leitugas.

Sementamos cenorias e nun sementeiro praparamos tomates para que medren e poder transplantar no futuro. Tamén plantamos prímulas e algunha outra flor para dar cor e atraer aos insectos polinizadores que tanto ben fan nas hortas e no campo.

Podedes ver aquí todas as fotos:




lunes, 13 de marzo de 2023

Esgrima con Judith Rodríguez

O pasado venres tivemos a enorme sorte de coñecer un novo deporte da man da esgrimista Judith Rodríguez.

Coincidindo coa día da muller, durante a semana estivemos coñecendo a súa traxectoria profesional como muller deportista que non se rinde ante as adversidades, e por fin o venres puidemos coñecela.

Poderíamos contar moitas cousas dela: que comezou con 8 aniños a practicar esgrima, que agora compite en cadeira de rodas, que ten múltiples medallas en diferentes campionatos (tanto a nivel nacional como mundial), que é un exemplo de superación e un modelo para as novas xeracións... Pero por enriba de todo isto é unha magnífica persoa.

Encantounos coñecela e ver o cercana que é e a seguridade que transmite.

Deixamos a continuación as imaxes deste día e a entrevista que lle fixeron algúns compañeiros de primaria.

Moitas grazas, Judith! E tamén moitas grazas a Olalla e Carlos, pais de Víctor e Sofía, que foron os que fixeron que esta actividade fora posible.

Se queredes escoitar a entrevista a Judith, tédela aquí:

 



miércoles, 1 de marzo de 2023

Horta de febreiro

Este mes ainda que fixo frío a nosa horta non para.

Coma sempre fixemos as tarefas de limpeza de herbas e rega dos cultivos que temos plantados.

Tamén comprobamos a capacidade de retención de auga en dous botes con terra cuberta con follas e sen elas, para darnos de conta da importancia das follas na retención da terra e que así se protexa o chan.

E como xa está a piques de chegar a primavera plantamos prímulas e amorodos.

Se queredes ver as fotos de todo isto, clicade na imaxe:



viernes, 17 de febrero de 2023

Entroido

Esta semana comezamos cumprindo as ordes do Meco. E fixémolo de xeito moi orixinal.

Se queredes ver as fotos dos complementos cos que fomos ao cole clicade nesta imaxe:


E rematamos por todo o alto a semana co comparsa de entroido e a desgustación de orellas na merenda. Mirade, mirade! Pasámolo en grande!

 

Moitas grazas a todas as familias que nos acompañastes no percorrido pola contorna do cole!

Feliz Entroido!


jueves, 2 de febrero de 2023

Actividades sensoriais en infantil

As últimas dúas sesións de participación das familias nas aulas de infantil foron centradas en actividades sensoriais que gustaron moito ao alumnado.

En primeiro lugar, con Leo, a nai de Antón puidemos facer neve artificial de tres xeitos diferentes: con maicena, con cueiros e por último con bicarbonato. Tivemos sorte de que fixemos moita cantidade e todavía conservamos unha pouca na mesa sensorial que temos na clase pequena. Ademais tamén nos contou un dos contos favoritos de Antón: "Invisible".

A final de mes, foi Míriam, a nai de Noa, a encargada de asombrarnos co conto de "Leotolda" con luz negra que acompañou dun debuxo e xogos con pinturas e elementos fluorescentes que nos fixeron desfrutar moito do momento, ata que subimos as persianas e acabou a maxia da luz negra.

Grazas familias por participar no cole :)

Se queredes ver todas as fotos, clicade na imaxe: