XUÍZO AO MECO
Bos días
nenas e nenos, mestras e mestres, nais e pais e todos os demais.
Despois do
pasarúas e de comer lambetadas estamos dispostos para ao meco xulgar .
Acúsote meco
por non
coidar o noso planeta
porque a
este ritmo vai ser unha desfeita.
Acúsote meco
polo
quecemento global
que vai
provocar unha destrución total.
Acúsote meco
polo lume en
Galiza
fixo que
todo se cubrira de cinza.
Os nosos
bosques quedaron desfeitos
e moitas
familias sen teito
animais
mortos e outros famentos.
Acúsote meco
que en
Galicia duraron moitos días.
Acúsote meco
polos
bombardeos,
a humanidade
sen empatía iso é moi feo!
Tamen polas
guerras
nas que os
nenos levan metralletas.
Acúsote meco
pola
explotación forestal
a ese paso,
o planeta va moi mal.
Acúsote
meco,
porque
estamos fartos dos terremotos
que arrasan
todo ao seu paso.
Acusote meco
polos
furacáns
destrozan e
arrollan as casas dos cidadáns
Acúsote meco
por tanto
tsunami
en Xapón, Tailandia
e Atami.
pola
contaminación
que afecta
ao planeta sen compaixón.
Acúsote meco
polas
sequías
Acusote meco
pola
emigración
fai que haxa
explotación, que morra moita xente,
é unha
exterminación!
Acúsote meco
por tantos
atentados
entre bomba
e bomba estamos asustados.
Xa para
rematar
a sentenza
imos dar Meco Lacazán
que a terra
non queres coidar
Queimámoste
xa! para a festa rematar.
|
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.