Este ano, para festexar este día, estivemos traballando a figura de Wangari Maathai, activista medioambiental, entre moitas outras cualidades , que recibiu o Nobel da Paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo
do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de
árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo.
A través do conto "Wangari y los árboles de la paz", o alumnado de cada curso tivo a oportunidade de ler esta estupenda historia e facer unha pequena actuación ante o resto do colexio: presentadores, leron frases, comentaron a biografía, o resumo do conto...
Posteriormente, para pechar este día, os pequeniños agasalláronnos cunha danza mahorí e logo todos e todas bailamos "A danza da paz", de Mamá Cabra. Asimesmo cada un de nós lemos a nosa pequena aportación para construir un mundo mellor.