Onte fomos á horta, pero non foi para sementar, se non para colleitar e despois cociñar!
Co que conseguimos da nosa horta preparamos dúas riquísimas receitas: un paté de tirabeques e un batido de acelgas, mazá e plátano. E o máis especial é poder facelo cos nosos productos recén colleitados.
Queredes a receita? Tomade nota:
PATÉ DE TIRABEQUES:
Ingredientes (para 17 persoas aprox):
- 150 gr de tirabeques
- 50 gr. de anarcados
- 1/4 de cebola
- 1 dente de allo
- zume de medio limón
- sal
- 3 culleradas de aceite de oliva
- panciños para untar o paté
Preparación:
Poñer os froitos secos a remollo durante media hora en auga temperada.
Mentres, botar dúas culleradas de aceite na tixola e quentar. Engadir o allo, a cebola picada, e unha vez teñan cor, agregar os tirabeques. Refogalos durante uns minutos.
A continuación escorrer a auga dos anacardos e botalos no bote da batedeira. Agregar os tirabeques, un chisco de sal, o zume de limón e 1 cullerada de aceite. Bater ben ata obter unha pasta.
Untar en panciños e a comer!
BATIDO DE ACELGAS:
Ingredientes (para 17 persoas aprox):
- 75 gr de acelgas
- 3 mazás verdes grandes
- 2 plátanos
- auga
Preparación:
Lavar e cortas as follas das acelgas, retirando as partes brancas (soamente utilizaremos a parte verde das follas).
Pelar e cortar en anacos as mazás e os plátanos.
Bater todo na batedeira, engadindo auga segundo se queira máis espeso ou máis líquido.
Servir frío preferiblemente.
Coma sempre podedes ver aquí as fotos da nosa visita á horta que cultivamos ao longo do curso dentro do proxecto de Voz Natura e os pasos para o cociñado