A semana pasada celebramos no cole o día das letras galegas e os maios nunha festa conxunta.
As familias que se achegaron ao cole puideron escoitar os poemas de Florencio Delgado que cada curso recitou e observaron os bailes tan orixinais que todos prepararon.
Ao remate destas actuacións todos nos xuntamos ao redor do noso maio para cantarlle a copla que lle adicamos.
Foi un día moi alegre e especial!
Como sabemos que non todos puidestes asistir, tedes todas as actuacións colgadas en YouTube. Podedes acceder á lista de reproducción con todas as actuación aquí:
E coma sempre, podedes ver as fotos deste día clicando na seguinte foto para acceder á galería de imaxes: